A brillante execución do Programa Integrado de Emprego (PIE) 2023/24 non só quedou acreditada co feito de que 66 dos 100 usuarios/as atoparan traballo segundo os parámetros válidos para ser contabilizados como inserción laboral pola Xunta de Galicia, senón tamén co feito de que ata un total de 82 participantes no programa estiveron traballando durante algún momento de desenvolvemento do mesmo.
0
Insercións logradas no PIE 2023/24
Eficacia acreditada na superación das insercións laborais requeridas pola Xunta
Itinerarios personalizados e formación específica orientada a facilitar o acceso ao mercado laboral
No marco do PIE 2023/2024 os usuarios e usuarias recibiron 345 horas de formación de cursos incluídos no catálogo SEPE e 189,5 horas doutra formación.
Un Programa Integrado de Emprego dirixido a 100 usuarios/as
Na AEDEZA estamos a desenvolver actualmente un novo Programa Integrado de Emprego concedido pola Xunta de Galicia:
- Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresari@s de Deza 2024/25: está dirixido a 100 usuarios/as e parte cun obxectivo de inserción do 45%. Os perfís dos usuarios/as seleccionados/as son os seguintes: persoas con discapacidade, persoas en risco de exclusión social, menores de 30 anos de idade con baixa cualificación, maiores de 45 anos de idade, menores de 30 anos cualificados, mulleres en xeral e persoas desempregadas de longa duración


