O bo facer do Departamento de Emprego convertiu á AEDEZA na última década nun dos principais axentes dinamizadores do mercado laboral na comarca, tanto polo volume de ofertas de emprego que lanzamos cada ano como polas estatísticas de inserción laboral que alcanzamos. Concretamente, no exercicio de 2023 atendemos a 998 demandantes de emprego, rexistrando unha media de 419 CV activos, e contabilizamos 159 insercións laborais.
Dinamizamos o mercado laboral na bisbarra
Importante incremento dos postos de traballo ofertados
A evolución dos postos de traballo ofertados polas empresas asociadas á AEDEZA a través do noso Departamento de Emprego marca unha clara liña ascendente nos últimos anos. Así, das 276 vacantes que precisaron cubrir no ano 2020, pasouse aos 526 postos de traballo ofertados durante o ano 2023.
Desde o Departamento de Emprego da AEDEZA desenvolvemos un dobre labor: por unha parte, xestionamos unha Bolsa de emprego na que se pode inscribir calquera persoa que estea a buscar traballo e, por outra banda, axudamos ás empresas asociadas a simplificar os procesos de selección de persoal ao divulgar as súas ofertas e realizar un primeiro filtro de posibles candidatos entre os demandantes de emprego dados de alta na Bolsa de traballo.
Este coñecemento histórico do mercado laboral comarcal permítenos realizar cada ano unha fotografía bastante fiable da súa evolución e dos perfís profesionais máis demandados. No exercicio de 2023, os sectores que máis emprego xeraron e os postos máis solicitados foron os seguintes:
- SERVIZOS: administrativos/as, contables e coidadores/as.
- HOSTALARÍA: axudantes de cociña e camareiros/as.
- METAL: soldadores e montadores de cubertas.
- COMERCIO: dependentes/as.
- CONSTRUCIÓN: delineantes, instaladores de pladur.
- FÁBRICA/ALMACÉN: mozos/as de almacén e carretilleiros/as.
- TRANSPORTES: persoal de reparto e chóferes de camión.
- INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS: electricistas e operarios de mantemento industrial.
- INDUSTRIA ALIMENTARIA: peóns de fábricas de carne e persoal para envasado de ovos.
- AUTOMOCIÓN: mecánicos e aprendices.
Que deben facer as persoas demandantes de emprego para darse de alta na Bolsa de emprego da AEDEZA?
- Achegarse á sede da AEDEZA (Rúa Otero Pedrayo, 24, Lalín) cunha copia do C.V. actualizado.
- Realízase unha primeira entrevista de orientación, na que se fala sobre os coñecementos e a experiencia laboral da persoa, así como os seus intereses e motivacións. En función disto, elabórase unha listaxe de postos nos que a persoa demandante de emprego estaría interesada en aplicar a súa candidatura.
- Efectúase a alta na base de datos dos demandantes de emprego.
- Entrégaselle a tarxeta de renovación e dánselle as instruccións de uso: renovación cada tres meses -en caso de non facelo gárdase o C.V. durante 10 días e logo destrúese- e sinálanse os números de teléfono e o horario nos que pode contactar coa AEDEZA para calquera continxencia.
- Seguimento e acompañamento personalizado no proceso da busca de emprego.
- Orientación laboral.
- Orientación formativa: inscrición como demandante dos cursos nos que estea interesada a persoa e que se realicen a través da AEDEZA.
Que pasos seguimos ante unha oferta de emprego xerada polos asociados/as da AEDEZA?
- Recibimos a oferta do noso asociado, na que se define o perfil profesional que lle interesa atopar.
- Revisamos a listaxe de candidatos/as da Bolsa de Emprego para preseleccionar aqueles/as que cumpran cos criterios e requisitos desexados pola empresa contratadora.
- Contactamos coas persoas candidatas que cumpren eses requisitos para comprobar se seguen desempregadas e, posteriormente, expoñerlle a oferta e valorar o seu interese (nesta fase non se desvela o nome da empresa contratadora por confidencialidade).
- Enviamos á empresa contratadora os C.V. preseleccionados na fase anterior e que obtiveron unha valoración positiva.
- Realizamos un seguimento semanal do proceso de selección ata conseguir o peche da oferta lanzada.
No caso de que non contemos na Bolsa de emprego con candidatos/as que cumpran cos requisitos marcados, ou no caso de que as empresas na fase de seguimento nos soliciten máis C.V., procedemos á apertura ao público da oferta, divulgándoa a través da páxina web e das redes sociais e incluíndoa na listaxe de ofertas que enviamos ás entidades da contorna dedicadas á xestión de ofertas laborais.
OFERTAS DE EMPREGO VIXENTES
𝗤𝘂𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲𝘀𝗮 𝗶𝗻𝗱𝘂𝘀𝘁𝗿𝗶𝗮𝗹 𝗶𝗻𝗻𝗼𝘃𝗮𝗱𝗼𝗿𝗮?
Buscamos 𝗢𝗽𝗲𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼/𝗮 𝗱𝗲 𝗠𝗲𝗰𝗮𝗻𝗶𝘇𝗮𝗱𝗼 para incorporarse a unha empresa da 𝗖𝗼𝗺𝗮𝗿𝗰𝗮 𝗱𝗲 𝗗𝗲𝘇𝗮, cun proxecto estable e de longo percorrido.
𝗔𝘀 𝘁ú𝗮𝘀 𝗳𝘂𝗻𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝘀𝗲𝗿á𝗻:
- Operación e supervisión de máquinas CNC e fresadora.
- Mecanizado de pezas segundo planos e estándares de calidade.
- Verificación e control dimensional das pezas.
- Preparación da maquinaria e mantemento básico do posto de traballo.
𝗤𝘂𝗲 𝗯𝘂𝘀𝗰𝗮𝗺𝗼𝘀?
- Formación en Mecanizado ou Fabricación Mecánica.
- Experiencia en CNC, especialmente en fresadora.
- Coñecementos de interpretación de planos e metrología.
- Persoa responsable, organizada e con capacidade para traballar en equipo.
𝗢𝗳𝗿é𝗰𝗲𝘀𝗲:
- Incorporación a unha empresa en pleno crecemento e orientada á innovación.
- Proxecto profesional estable.
- Quendas rotativas de mañá e tarde.
Se che interesa, envía o teu CV a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto do correo “Operario/a de mecanizado”
Buscamos Técnico/a de Control de Calidade para a División de Tintas dunha empresa da comarca de Deza.
Que perfil buscamos?
- FP Superior en Laboratorio de Análise e Control de Calidade.
- Experiencia mínima dun ano en funcións similares.
- Persoa responsable, con capacidade para traballar en equipo e tomar decisións.
Ofrécese:
- Proxecto estable e de longo percorrido.
- Incorporación a unha empresa en pleno crecemento e orientada á innovación.
- Quendas rotativas de mañá e tarde.
Se che interesa esta oportunidade, envía o teu CV a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Técnico/a de Control de Calidade”.
Buscamos Técnico/a de Estudos e Oficina Técnica para incorporarse a unha empresa consolidada do sector da construción.
Unha oportunidade ideal para perfís de enxeñería, arquitectura ou obra civil que queiran medrar profesionalmente participando en proxectos de gran envergadura.
Que farás?
– Apoio no estudo de licitacións públicas e privadas
– Elaboración de presupostos e medicións
– Revisión de proxectos e documentación técnica
– Preparación de ofertas e memorias técnicas
– Coordinación con diferentes departamentos
Perfil:
– Manexo de Excel, AutoCAD ou Presto (valorable)
– Capacidade de organización, detalle e traballo en equipo
– Interese por desenvolver carreira en oficina técnica
Ofrécese:
– Formación continua e acompañamento técnico
– Participación en proxectos de obra pública e privada
– Posibilidades reais de crecemento profesional
– Bo ambiente de traballo
Se che interesa, envía o teu CV a bolsaemprego@aedeza.com indicando “Técnico/a de Estudos” no asunto do correo.
Empresa dezá precisa Electromecánico/a con formación e/ou experiencia
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Electromecánico/a”
Solarel precisa Electricista con experiencia.
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Electricista”
Buscamos Administrativo/a contable para empresa do Deza.
Requisitos:
– Formación en ADE, Empresariais, Económicas ou similar
– Coñecementos altos en tarefas de contabilidade, impostos e balances
– Experiencia previa en posto similar
𝗢𝗳𝗿é𝗰𝗲𝘀𝗲:
– Media xornada de mañá
– Entorno profesional estable
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Administrativo/a contable”
Buscamos Pintor/a de estruturas metálicas para empresa da zona.
Que se valora?
– Experiencia en pintura industrial ou de estruturas metálicas
– Coñecementos en preparación de superficies
– Persoa responsable e con ganas de traballar
Ofrécese:
– Incorporación inmediata
– Xornada completa
– Posibilidade de continuidade
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Pintor/a estruturas”
Empresa dezá adicada á reparación de camións precisa Mecánico/a
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Mecánico/a de camións”
Obxectivo:
Garantir o correcto funcionamento, conservación e dispoñibilidade da maquinaria, equipos e instalacións, mediante a execución eficiente de tarefas de mantemento preventivo e correctivo, contribuindo á continuidade do proceso produtivo, a redución de paradas, o cumprimento dos estándares de calidade e a seguridade no entorno de traballo.
En dependencia do responsable do departamento de Mantemento, participarás nas seguintes funcións:
- Planificación e execución do mantemento preventivo y corretivo da maquinaria e instalacións, asegurando o correcto funcionamiento
- Realización de traballos de limpeza de instalacións e maquinaria
- Colaboración na elaboración, actualización e seguimiento de procedementos de mantemento, orientados á mellora continua, a redución de incidencias e a optimización dos procesos produtivos
- Participación no cumprimento das normas de seguridade e calidade, contribuindo a un entorno de traballo seguro e eficiente.
Requisitos:
- Formación de Grao Medio ou Superior en Mecatrónica, Mantemento Industrial ou similar
- Experiencia previa na realización de tarefas de mantemento de maquinaria en entornos industriais
- Persoa responsable, proactiva e con capacidade para traballar de forma autónoma, así como habilidades para a resolución de problemas
- Capacidade de traballo en equipo
- Habilidade para a organización, planificación e priorización de tarefas
- Valorable residencia na zona da oferta
Ofrecese:
- Unirte a unha empresa en pleno crecemento de alta tecnoloxía orientada á innovación permanente e mellora continua
- Proxecto profesional estable e de largo percorrido
Traballo a turnos en horario de 06:00 a 14:00 horas ou de 14:00 a 22:00 horas (turnos rotativos cada 15 días). De forma excepcional, turno de noite (de 22:00 a 06:00 horas) durante unha semana cada tres meses
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Técnico/a de mantemento”
Descrición do posto:
Buscamos un/ha administrativo/a contable con experiencia demostrable que se responsabilice da xestión contable e administrativa da empresa, incluindo o cumprimento das obrigas fiscais mediante o sistema de Suministro Inmediato de Información (SII).
Funcións principais:
- Rexistro e contabilización de facturas (clientes e proveedores)
- Conciliacións bancarias
- Xestión de cobros e pagos
- Elaboración e presentación de impostos (IVA, IRPF, etc.)
- Xestión do SII (envío de rexistros de facturación á AEAT)
- Control e seguemento da contabilidade xeral
- Apoio en peches contables mensuais e anuais
- Arquivo e xestión documental
- Relación con asesoría externa (si aplica)
Requisitos:
- Formación en Administración, Contabilidade, Finanzas ou similar
- Experiencia mínima de 2-3 anos en puesto similar
- Experiencia práctica imprescindible
- Coñecementos sólidos do Plan General Contable
- Manexo de software contable Sage ou similar
- Nivel medio-alto de Excel
- Capacidade organizativa e atención ao detalle
Valorarase:
- Experiencia práctica co SII
- Coñecementos fiscais actualizados
- Experiencia en auditorías ou peches complexos
Competencias clave:
- Rigurosidade e precisión
- Autonomía na xestión do traballo
- Capacidade de organización
- Proactividade e resolución de problemas
Ofrecemos:
- Xornada: completa
- Tipo de contrato: indefinido
- Modalidade: presencial
- Salario: según experiencia
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Administrativo/a contable”
Descrición do posto:
Buscamos incorporar unha persona para a área de postvenda e taller, que se encargue da xestión administrativa vinculada ao servizo técnico de maquinaria agrícola, garantindo unha atención eficiente ao cliente e unha correcta organización das reparacións.
Funcións principais:
- Recepción e xestión de avisos de reparación e mantemento
- Apertura, seguemento e peche de ordes de traballo
- Coordinación co equipo de mecánicos e o responsable de taller
- Atención ao cliente (telefónica e presencial)
- Xestión de presupostos e comunicación de reparacións
- Facturación de servizos de taller e postvenda
- Control de tempos de traballo e recambios utilizados
- Xestión administrativa de garantías
- Arquivo e control documental
Requisitos:
- Manexo de ferramentas informáticas e programas de xestión
- Experiencia previa en postos administrativos, preferiblemente en taller ou postvenda
- Coñecementos básicos do funcionamiento de maquinaria (valorable agrícola, industrial ou automoción)
- Bo trato con clientes e habilidades comunicativas
- Capacidade de organización e xestión de múltiples tarefas
Valoraráse:
- Experiencia no sector de maquinaria agrícola
- Coñecemento de recambios e procesos de reparación
- Experiencia con software de xestión de talleres
Competencias clave:
- Organización e planificación
- Orientación ao cliente
- Resolución de incidencias
- Traballo en equipo
- Proactividade
Condicións (adaptables):
- Xornada: completa a turnos rotativos
- Tipo de contrato: indefinido
- Modalidade: presencial
- Salario: según experiencia
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Persoal postvenda e taller”
Cooperativa dezá precisa Tractorista de cara ao comezo da vindeira campaña.
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Tractorista”
Empresa dezá precisa Chófer con permiso C+E para tarefas de almacén e realizar entregas pola península.
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Chófer con permiso C+E”
Cafetería emprezada en A Bandeira (Silleda) precisa incorporar Camareiro/a.
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Camareiro/a”
Órrea Servicios Industriales precisa incorporar á súa plantilla Aprendiz de soldadura.
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Aprendiz de soldadura”
Búscase un/ha profesional da área de Administración e Dirección de Empresas (ADE) ou Finanzas, con ampla experiencia en contabilidade, fiscalidade e facturación en empresas de tamaño mediano.
A persoa seleccionada integrarase para garantir o correcto cumprimento contable e fiscal da organización.
Responsabilidades principais:
- Supervisar e executar a contabilidade xeral e analítica.
- Xestionar declaracións fiscais (IVA, IRPF, Imposto de Sociedades, etc.).
- Control e rexistro de facturación, cobros e pagos.
- Elaboración de peches contables mensuais e anuais.
- Análise financeiro e elaboración de informes económicos.
Requisitos:
- Titulación universitaria en ADE, Finanzas ou similar.
- Experiencia mínima de 10 anos en postos similares, preferiblemente en empresas de tamaño medio.
- Dominio de ferramentas contables e de facturación (ERP, Excel avanzado, etc.).
- Residencia Comarca do Deza
- Coñecementos actualizados de normativa contable e fiscal española.
- Capacidade analítica e organización
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Responsable contabilidade, fiscalidade e facturación”
Empresa dezá precisa Persoal para a montaxe de cubertas. Valorable formación en PRL.
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Persoal cubertas”
Empresa metálica dezá precisa Soldadores con experiencia.
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Soldador/a”
Taller mecánico precisa Pintor/a e/ou Chapista preferiblemente con experiencia. Traballo a xornada completa en turno intensivo.
As persoas interesadas nesta oferta deben remitir o seu cv a bolsaemprego@aedeza.com indicando no asunto “Pintor” ou “Chapista”
Para obter máis información sobre estas ofertas de emprego é preciso dirixirse ás oficinas da AEDEZA (Rúa Otero Pedrayo, nº 24 – Baixo, Lalín) ou chamar aos teléfonos 986 78 70 91 e 622 352 372.

