Órganos de goberno
Os estatutos da Asociación de Empresari@s de Deza recollen no seu Título III (Artigo 13) que os órganos de goberno son os seguintes:
- Asemblea xeral
- Xunta directiva
- Presidente/a
Subvencións e axudas públicas
Dirección Xeral de Comercio e Consumo (Xunta de Galicia)
- Orde do 5 de xuño de 2020 pola que se establecen as axudas para as asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia (DOG nº 120, de 19 de xuño de 2020).
- Nº expediente: CO300A 2020 – 31
- Investimento subvencionable: 57.150 €
- Axuda concedida: 40.006 €
Dirección Xeral de Formación e Colocación (Xunta de Galicia)
- Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2020 e 2021 (DOG nº 20, do 30 de xaneiro de 2020).
- Nº expediente: TR332A 2020/8
- Axuda concedida: 250.000 €
Secretaría Xeral de Emprego (Xunta de Galicia)
- Orde do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a contratación de técnicos e técnicas especialistas en organismos intermedios para o asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo escenario económico da Covid-19, financiadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
- Nº expediente: TR332C 2020/17-0
- Axuda concedida: 11.520 €
Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral (Xunta de Galicia)
- Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2020 (DOG nº 14, do 22 de xaneiro de 2020).
- Nº expediente: TR331A/2020-0007
- Importe: 22.000 €
Concello de Lalín
- Convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades e campañas de dinamización dos sectores do comercio e da hostalaría de Lalín. Ano 2021.
- Importe: 57.000 €
Retribucións
- O presidente e os/as demais integrantes da Xunta Directiva da AED non perciben retribucións.