A información que trasladamos de xeito frecuente e regular aos nosos asociados/as acostuma a centrarse na convocatoria de axudas por parte das distintas administracións públicas, nas consultas sobre os calendarios laborais e sobre os cambios na normativa laboral, na aprobación de novas medidas regulatorias que afectan especificamente a algún sector, etc.
Convocatoria de axudas, normativa laboral, consultas...
Información a través de e-mail, whatsapp ou teléfono
Desde os diferentes departamentos da AEDEZA tentamos que o fluxo de información aos nosos asociados/as sexa o máis útil e eficaz posible. Por iso, adoitamos empregar tres canles de comunicación diferentes: o correo electrónico é a máis frecuente (principalmente para informacións sobre a convocatoria de axudas e subvencións, etc.), as mensaxes de whatsapp (cando a inmediatez é importante) e as chamadas telefónicas (cando ademais da inmediatez, é recomendable algunha explicación personalizada).
Como se adoita dicir, a información é poder, e precisamente o que tratamos co servizo de información da AEDEZA é poñer en coñecemento dos nosos asociados/as toda aquela información que pode afectar á súa actividade, tanto positiva como negativamente, coa finalidade de que poidan adoptar as decisións máis favorables para potenciar o seu negocio.
Estamos a falar, por exemplo, de informarlles da convocatoria dunha liña de axudas e subvencións que pode resultar atractiva -para que valoren se lles interesa solicitalas-, ou pola contra da apertura de prazos de exposición pública de cambios legais ou administrativos que poidan condicionar negativamente a súa actividade -para que valoren se lles interesa presentar alegacións).
Fundamentalmente, as fontes de información que empregamos para elaborar os e-mails e comunicados informativos adoitan ser as administracións e os organismos públicos e os seus correspondentes boletíns (BOP, DOG, BOE), pero tamén permanecemos atentos a calquera nova que difundan os medios de comunicación e que poida afectar aos intereses dos nosos asociados/as.