Aforro estimado de 150 € en comisións bancarias entre diferentes servizos e produtos de Abanca
Acceso a todos os servizos da Banca a distancia de ABANCA:
- Banca electrónica para empresas.
- Appuntame: solución online para empresas que xestionan calquera tipo de cobro periódico.
- Aplicación móbil para a sinatura de operacións polos apoderados dunha empresa.
- Servizo de avisos ao móbil ou email.
- Banca electrónica para particulares.
- Amplicación de Banca móbil.
- Avanzado Bróker online:
- ABANCA Pay: aplicación móbil para pago en comercios e pagos inmediatos ao móbil do beneficiario.
- Servizos de axuda online de abanca.com e de Banca telefónica e atención a clientes.
Condicións vantaxosas nos produtos financeiros de ABANCA:
- Préstamo persoal negocio (tipo variable).
- Leasing mobiliario (tipo variable).
- Leasing inmobiliario (tipo variable).
- Póliza de creto (tipo variable).
- Avais.
- Desconto comercial: liñas de desconto comercial, certificacións OOPP, facturas, anticipos de creto, liña de xestión de cobro, etc.
- Liña confirming.
- Préstamo anticipo subvencións.
- Convenios oficiais: liñas de financiación suscritas con organismos públicos (SGR nacionais, ICO, SAECA, etc.).
- TPV físico ABANCA.
- TPV virtual, negocio en internet.
Aforro de máis de 230 €/ano na repostaxe de diésel nas estacións de servizo Repsol de Lalín e Dozón
- Aforro de 8 céntimos de € por litro de diésel respecto ao prezo do surtidor nas estacións de servizo Repsol de Lalín (Fervi e Campos) e Dozón.
- Aforro de 6 céntimos de € por litro de diésel respecto ao prezo do surtidor nunha rede de 2.000 estacións de servizo das marcas Repsol, Campsa e Petronor.
- Aforro de 3,6 céntimos de € por litro de diésel respecto ao prezo do surtidor na rede de estacións de servizo preferentes do Grupo Repsol.
- Aforro de 1,2 céntimos de € por litro de diésel respecto ao prezo do surtidor no resto de estacións de servizo de Repsol.
Aforro de 100 € en 5 anos na contratación do Via-T para o pago electrónico en autoestradas
- Pagamento único do dispositivo VíaT (41 € IVE incluído), sen necesidade de abonar comisións ou cotas anuais de mantemento, que adoitan situarse arredor de 20 € anuais, polo que este convenio con VíaT supón un aforro de 100 € en cinco anos.
Aforro de 150 € en consultas xurídicas especializadas en materia fiscal, contable, mercantil e societaria
- Consulta de primeira aproximación totalmente gratuíta.
- Servizos de planificación fiscal, asesoría fiscal recurrente, empresa familiar, inspeccións da AEAT e recursos, due diligence, réximes fiscais especiais, fiscalidade internacional, etc.
Descontos do 30% nos servizos de prevención técnica de eQuaby Prevención
- Descontos do 30% sobre as tarifas oficiais de eQuaby para a AEDEZA e todos os asociados/as que contraten servizos en materia de prevención de riscos laborais.
- Elaboración e implementación gratuíta do Plan de acoso para os asociados/as que se convirtan en clientes de eQuaby.
Aforro estimado de 200 € nun ano na atención da saúde bucodental dun asociado e a súa familia por parte de Vitaldent
- Primeira consulta gratuíta (incluída ortopantomografía de diagnóstico, valorada en 120 €) aos asociados/as da AEDEZA e os seus familiares directos.
- Descontos do 15% en todos os tratamentos realizados nas clínicas Vitaldent de Lalín, Ourense e Santiago de Compostela, ademais de facilitar asesoramento necesario para poder obter financiación ata 12 meses e ata 5 anos.
- Prestacións gratuítas de Vitaldent para os asociados/as de AEDEZA e os seus familiares directos: exame inicial, diagnóstico, limpeza bucal, etc.
- Odontopediatría preventiva gratuíta para todos os familiares directos dos asociados/as da AEDEZA: técnicas de cepillado, topificacións de flúor, extracción de dentes temporais…
- Un tratamento de branqueamento gratuíto para cada socio/a e empregado/a da AEDEZA, podendo traspasalo a persoas da unidade familiar, cónxuxes e fillos (condicionado a prescrición médica e dunha única sesión).
Atención preferente para as empresas asociadas nos servizos profesionais de Bekacredit
- Servizos profesionais de consultoría e asesoramento na xestión de fondos de débeda e banca nacional e internacional.
Condicións vantaxosas para os asociados/as na comercialización dos produtos e servizos enerxéticos de Arsem
- Servizo personalizado de xestión enerxética e trato preferente aos asociados/as nos servizos e promocións de Arsem, con solucións que permiten optimizar e reducir os custos derivados do consumo enerxético, así como implementar medidas de aforro enerxético.
- Realización dun estudo de optimización de facturas enerxéticas (electricidade e gas) gratuíto aos asociados/as que o precisen.
- Recomendación, estudo e orzamento de todas cantas accións vaian dirixidas ao aforro enerxético.
Importantes descontos nas probas de detección de Covid-19
- Realización de test de detección de coronavirus con descontos exclusivos para os asociados/as da AEDEZA e os seus traballadores: 25 € por unha proba de antíxenos e 100 € por unha PCR.
Aforro estimado de 150 € en comisións bancarias entre diferentes servizos e produtos do Banco Santander
- Condicións vantaxosas específicas para os asociados/as da AEDEZA en todos os produtos e servizos bancarios que comercializa o Banco Santander.
- Utilización gratuíta dos Work Café e salas de reunións do Banco Santander en toda España.
Descontos ata o 40% nas tarifas dos servizos xurídicos prestados por Quality Consultores
- Servizo de consultas xurídicas gratuítas na sede da AEDEZA aos asociados/as (nun día fixo ou con cita previa).
- Descontos ata o 40% para os asociados/as nos servizos xurídicos prestados por Quality Consultores sobre as tarifas habituais.
- Asesoramento xurídico en materia mercantil, arbitral, medioambiental, laboral, fiscal e contable.
Condicións vantaxosas nos servizos de desenvolvemento da igualdade e a conciliación
- Condicións vantaxosas para os asociados/as na diagnose, deseño e implementación de plans de igualdade.
- Atención preferente no desenvolvemento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, ao fin de acadar unha conciliación real da vida laboral, persoal e familiar no ámbito empresarial.
Celebración de vistas arbitrais na sede da AEDEZA para axilizar a resolución de litixios das empresas asociadas
- Asesoramento da Asociación para a Arbitraxe Mercantil TAM ás empresas asociadas en materia arbitral.
- Utilización das instalacións da AEDEZA para a celebración de vistas arbitrais que permitan axilizar a resolución de litixios das empresas asociadas e aforrar os custos xudiciais.
Servizo de orientación laboral a persoas con discapacidade para mellorar a súa empregabilidade
- Atención na sede da AEDEZA por parte de Amicos a persoas demandantes de emprego con discapacidade que residan na Comarca de Deza, coa finalidade de conseguir o seu acceso a un posto de traballo de calidade.
- Servizos de orientación, información e asesoramento na búsqueda de emprego e formación.
- Diagnósticos personalizados dos perfís e deseño de itinerarios personalizados.
- Servizo de prospección empresarial.
- Deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación.
- Xestión e coordinación de accións formativas.
Desconto do 18% sobre tarifa nos servizos de protección de datos de Isonor-Lopdat
- Desconto do 18% para os asociados/as da AEDEZA sobre a tarifa oficial nos servizos de protección de datos de Lopdat: mailings conxuntos, individuais, visitas ás empresas, charlas, páxina web, etc.
- Realización de charlas informativas sobre a protección de datos.