No ano 2023 foron un total de 54 empresas asociadas -sete máis ca en 2022- as que utilizaron as instalacións da AEDEZA ubicadas na rúa Otero Pedrayo, nº 24, baixo (Lalín) para o desenvolvemento de actividades privadas: reunións de empresa, convencións, cursos de formación propios, etc.
Un servizo en auxe para os asociad@s
Basta cunha chamada telefónica ou un email para formalizar a reserva
Para formalizar unha reserva das instalacións ou do equipamento tecnolóxico da AEDEZA, os nosos asociados/as simplemente teñen que contactar a través do teléfono 986 78 70 91 ou do enderezo electrónico asociacion@aedeza.com para comunicarnos as datas. A cesión dos espazos e dos recursos TIC é completamente de balde.
Calquera empresa afiliada á AEDEZA pode solicitar e utilizar de balde as instalacións da nosa sede, ubicada na rúa Otero Pedrayo, nº 24, de Lalín, e todo o equipamento tecnolóxico que temos nela: ordenadores portátiles, proxectores, pantallas, etc. Trátase dun servizo cada vez máis demandado para a celebración de reunións de empresa, cursos de formación propios, presentacións, etc., posto que supón un importante aforro á hora de planificar calquera tipo de evento empresarial.
- Despachos
- Aulas
- Salas de reunións
- Ordenadores portátiles
- Pantallas
- Proxectores