En virtude dun dos convenios de colaboración asinados pola AEDEZA coa firma José Freire Planificación Fiscal, os nosos asociados/as poden beneficiarse dun servizo xurídico especializado nas áreas fiscal, contable, mercantil e societaria, gozando ademais dunha primeira consulta gratuíta.
Atención especializada en colaboración con José Freire Planificación Fiscal
Desde cambios nas formas xurídicas das sociedades ata asesoramento para afrontar unha inspección fiscal
O equipo de José Freire Planificación Fiscal bríndalles aos nosos asociados/as un asesoramento experto en materias tan dispares como os cambios nas formas xurídicas dunha sociedade, como enfocar un proceso de venda ou sucesión ou como afrontar unha inspección fiscal.
Os principais valores que lles aporta a firma José Freire aos nosos asociados/as son a especialización e o “know how” adquirido ao longo da súa traxectoria profesional no campo da planificación fiscal. O seus servizos de asesoramento xurídico abranguen as seguintes áreas:
- Planificación fiscal: deseño e implementación.
- Asesoría fiscal recurrente: redución de riscos e maximización de beneficios.
- Empresa familiar: optimización e planificación.
- Inspeccións de Facenda e recursos: coñecemento, visión e estratexia.
- Due diligence: detección, cuantificación e mellora.
- Réximes fiscais especiais: avaliación e beneficio.
- Fiscalidade internacional: integración económica e beneficio fiscal.

