Un dos grandes esforzos económicos e de carga de traballo que asume o equipo técnico da AEDEZA para axudar ao comercio tradicional céntrase na campaña do Nadal, que acostuma a ser a máis potente do ano, tanto pola cantidade de actividades programadas como polos recursos económicos que se destinan a sorteos, agasallos, etc.
A campaña do Nadal, a máis potente para o comercio
O Deztápate, un referente para o sector da hostalaría
Para o sector da hostalaría e a restauración, desde a AEDEZA impulsamos e coordinamos no mes de agosto o concurso e ruta de tapas Deztápate, que lles permite aos nosos asociados reforzar durante uns días o fluxo de clientes precisamente nunhas datas nas que acostuma a descender a actividade en Lalín. Por iso, o Deztápate xa é un certame que está considerado como un referente por parte da hostalaría local.
Ao longo do ano, a Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín programamos arredor dunha ducia de campañas de dinamización propias -ademais de colaborar noutras alleas-, co obxectivo de incentivar o consumo especialmente nos sectores do comercio tradicional e a hostalaría.
A distribución destas campañas comerciais non só busca aproveitar efemérides e datas sinaladas, senón tamén desestacionalizar os hábitos de compra máis aló das campañas de rebaixas e a gran campaña do Nadal.
Para a execución destas campañas, na AEDEZA contamos coa cofinanciación do Concello de Lalín a través dun convenio de colaboración de periodicidade anual.