A través do Departamento de Emprego lanzamos ofertas de traballo semanais para axudar aos nosos asociados/as a cubrir as vacantes nos seus planteis. Paralelamente, a través da Bolsa de Emprego xestionamos os C.V. de persoas desempregadas para facilitarlles o seu acceso ao mercado laboral
Cada ano programamos unha oferta formativa adaptada ás necesidades de cualificación existentes na contorna, tanto para traballadores/as como para empresarios/as e desempregados/as
Poñemos a disposición dos nosos asociados/as de xeito totalmente gratuíto as instalacións e os equipamentos e recursos TIC existentes na nosa sede, situada na rúa Otero Pedrayo, nº 24, de Lalín
Accede aos 15 convenios con importantes beneficios e vantaxes competitivas que aportan aos nosos asociados diferentes firmas colaboradoras
Informamos regularmente aos nosos asociados/as de todos aqueles aspectos que consideramos relevantes para a súa actividade empresarial
Novo servizo de tramitación de axudas e subvencións, no que os solicitantes só teñen que pagar unha comisión polas xestións realizadas se resultan beneficiarios da achega solicitada
A través dun acordo de colaboración coa firma José Freire Planificación Fiscal, proporcionámoslle aos asociados/as un servizo de asesoramento especializado nesta materia, co valor engadido de que a primeira consulta é gratuíta
Na AEDEZA acumulamos unha ampla experiencia na xestión e desenvolvemento de Programas Integrados de Emprego, superando notablemente os índices mínimos de empregabilidade establecidos pola Xunta de Galicia
Ao longo do ano desenvolvemos máis de media ducia de campañas e iniciativas de dinamización dos sectores do comercio e a hostalaría