Un total de trinta comercios afiliados á Asociación de Empresari@s de Deza (AEDEZA) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín participarán desde este xoves, día 27 de agosto, ata o sábado, día 29, na quinta edición do Stock Outlet Lalín para liquidar existencias.
Esta iniciativa, que marcará o final das rebaixas de verán e que se desenvolverá nas propias tendas participantes, ten como finalidade que poidan liquidar artigos e prendas doutras tempadas ofrecéndolles aos clientes descontos de, polo menos, o 60%.
Os comercios participantes, que estarán identificados tanto cos carteis específicos da campaña como con globos e moqueta en cor verde lima, son os seguintes: Alalá Nikis Lalín, Ana Blanco Centro Óptico, C&C Young Trend, Calzados Alca, Colorín Colorado, Cris Abad, Dándara, Escalena, Federópticos Pereiro, Florentino, Foot on Mars, G-Básico, Guerra, It´s Man Only, It´s Only, Karen, Lencería Lilas, Low Cost Phone, Mi Casa, Moca, Mombai Artesanía, Montoto, Muchas, Multiópticas Lalín, Nereida Novias, Thebes, Urban Teen, Ve de Íntima e as dúas tendas de Zapatería Martínez.









