I Ruta e Concurso de Tapas do Outono

A Asociación de Empresari@s de Deza e a Comisión de Hostalaría organizan a I Ruta e Concurso de Tapas de Outono, que se desenvolverá entre os días 4 e 14 de novembro, ambos incluidos. Nesta ocasión participarán un total de 12 establecementos de hostalaría (11 de Lalín e 1 de Rodeiro) e o prezo de cada tapa será de 1,70 euros (bebida aparte). Por primeira vez, os usuarios terán que realizar a votación das tapas a través da app Rutappa, que pode descargarse gratuitamente desde Google Play e desde Apple Store. Para efectuar a votación -outorgando puntuacións do 1 ao 5- os clientes precisarán o código numérico correspondente a cada tapa, que estará ben visible en cada un dos establecementos participantes. Segundo recollen as bases desta promoción, todos aqueles usuarios/as que completen a ruta de tapas e voten as 12 tapas entrarán no sorteo de 10 vales de 50 euros cada un para gastar na hostalaría asociada á AED.

ALOLA

Caramelo e morcilla e mazá

BAR O POLO

Cabeceiro de lomo duroc con froitas confitadas

CABANAS RESTAURANTE

Taco de outono

CAFÉ BAR SIGLO XXI

Moi noso

CASA ACHACÁN

Arco da vella

CASA CURRÁS

Xabarín, castañas e fungos doces

CASA SANMARTÍN

Galicia profunda

NIGIRI DE KONTIKE

Roliño de crocante de cocido con hummus de castaña e grelo fritido

O CAFÉ DE MILI

Pincho de outono

PAZO DE BENDOIRO

Segredo Bendoiro

PENSIÓN LAS PALMERAS

Verán de outono

RESTAURANTE LA MOLINERA

Bacon sorpresa

Bases da promoción

  • A I Ruta de Tapas do Outono e o Concurso de Tapas están organizados pola Comisión de Hostalaría da Asociación de Empresari@s de Deza, contando coa colaboración do Concello de Lalín.
  • A I Ruta de Tapas do Outono e o Concurso de Tapas celebrarase desde o día 4 ata o día 14 de novembro de 2021, ambos incluidos.
  • A participación na I Ruta das Tapas do Outono e no concurso supón a aceptación destas bases, tanto para os establecementos participantes como para os/as clientes/as consumidores/as das tapas, así como a aceptación do/s criterio/s que estableza AEDeza para resolver cantas cuestións se deriven do mesmo.
  • Os establecementos participantes no concurso da I Ruta de Tapas do Outono deberán estar afiliados á Asociación de Empresari@s de Deza. A organización resérvase o dereito de admisión dos establecementos no concurso ata un máximo que garanta a boa xestión do mesmo. Serán participantes os establecementos que entreguen en tempo e forma a documentación e imaxes necesarias, recibindo o visto bo da organización.
  • Cada establecemento presentará ao concurso unha única tapa, que deberá levar un nome a modo de presentación. O establecemento participante enviará unha foto da tapa para a elaboración dos recursos promocionais. Os carteis e as tapas deberanse expor nun lugar visible do establecemento durante os días de duración do concurso.
  • Establécese un prezo de 1,70 euros por tapa e estas deberán conter, como mínimo, un produto da temporada de outono e/ou un produto de Lalín. Neste prezo non vai incluida a bebida.
  • Os establecementos quedan obrigados a participar durante todos os días de duración do concurso, agás aqueles días que por descanso non permanezan abertos. Será motivo de descalificación a falta dos cumprimentos mencionados, agás xustificación por causa de forza maior. Nesta edición non haberá aportación económica por parte dos establecementos participantes, asumindo os custos da ruta a AED.
  • Cada establecemento marcará o seu propio horario para servir as tapas. Desde a AED elaborarase toda a cartelería precisa para a correcta información aos clientes e daráselle difusión a través dos medios de comunicación.
  • Nesta edición o sistema de votación das tapas por parte do público será única e exclusivamente a través da aplicación Rutappa, dispoñible para descargar gratuíta tanto desde Google Play como desde Apple Store. O feito de completar a I Ruta das Tapas do Outono e votar as 12 tapas participantes permitirá aos clientes entrar no sorteo de 10 vales de 50 € para gastar na hostalaría asociada á AED.
  • Para a resolución das controversias que poidan xurdir a consecuencia deste concurso, as bases sométense aos Xulgados e Tribunais da vila de Lalín.
  • A organización resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como a suspender o concurso por causas alleas á súa vontade, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
  • A responsable do tratamento dos datos de carácter persoal é a Asociación de Empresari@s de Deza – Centro Comercial Aberto de Lalín, con NIF: G36187169, enderezo na Rúa Otero Pedrayo, nº 24 – baixo, en Lalín, con número de teléfono 986-787091 e correo electrónico asociacion@aedeza.com. Como agraciado/a cun premio, a persoa gañadora deberá achegar datos persoais coa única finalidade de contactar co/a usuario/a para proceder ao correcto rexistro e xestión do premio. Os datos persoais facilitados conservaranse por un tempo ilimitado, a non ser que o titular exerza o seu dereito de cancelación ou supresión.

Base legal para o tratamento dos datos e o consentimento obtido do interesado durante a inscrición no concurso.

Os datos dos participante comunicaranse en:

– Asociación de Empresari@s de Deza e Centro Comercial Aberto de Lalín.

– Os datos dos/as participantes premiados/as serán publicados en redes sociais, radio e prensa, na edición comarcal.

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se o CCA de Lalín están a tratar datos persoais que lles afectan ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa