A Xunta Directiva en funcións da Asociación de Empresari@s de Deza (AEDEZA) validou esta mañá a candidatura presentada onte polo empresario Ramiro Mejuto Pumar (Megodeza) e procedeu a proclamar a nova Xunta Directiva, que está integrada por dez empresarios/as procedentes de Lalín, Silleda e Rodeiro.
Ademais de Ramiro Mejuto como presidente, a nova Xunta Directiva está conformada por Manuel Gómez Cacheda (Tecnor Lalín Maquinaria) como vicepresidente, José Abel Mato Méijome (Promove Xestión Técnica) como secretario, José Luis Lamas Carral (Segurlamas) como tesoureiro e seis vogais: Patricia Galego García (Qichen Biocociña), Daniel Cochón Pillado (Frigoríficos Bandeira), José Julio Hermida Diéguez (Prefabricados Faro), Sandra Vilar Frade (El vestidor de Chloé), Jéssica González Iglesias (Escalena) e Lucía Nercellas Torres (Avipor Silleda) -estas tres últimas, xa formaban parte da directiva saínte presidida por David Campos-.
Por sectores de actividade, esta nova directiva conta con representantes dos eidos de instalacións eléctricas, fontanería, calefacción, frío e gas; venda e reparación de maquinaria agrícola; actividades profesionais científicas e técnicas; servizos; construción, cementos, derivados e actividades afíns; alimentación e agroalimentaria; saúde e comercio.
O presidente saínte, David Campos, acordou co seu sucesor comezar a efectuar o traspaso de competencias a comezos da vindeira semana.


