9. Dereitos
En virtude do Regulamento Xeral de Protección de datos (RGPD), os titulares de datos persoais teñen unha serie de dereitos que poden facer valer ante o responsable do tratamento ou, en caso de non ser atendidos na medida esperada, directamente ante a
autoridade de control:
Dereito de acceso: coñecer se AEDEZA está tratando ou non os seus datos de carácter persoal e, no caso de que se estean tratando, acceder a:
- Unha copia dos datos persoais que son obxecto do tratamento.
- Coñecer os fins do tratamento e as categorías de datos persoais que se traten.
- Coñecer os destinatarios ou as categorías de destinatarios aos que se comunicaron ou serán comunicados os datos persoais.
- O prazo previsto de conservación ou se non é posible, os criterios utilizados para determinar este prazo.
- Coñecer a existencia dos dereitos que lle asisten e o procedemento para o seu exercicio: dereito do interesado a solicitar ao responsable a rectificación ou supresión dos seus datos persoais, a limitación do tratamento ou oporse a ese tratamento e o
dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control.
- Cando os datos persoais non se teñan obtido directamente do titular, coñecer calquera información dispoñible sobre a súa orixe.
- A existencia de decisións automatizadas, incluída a elaboración de perfís.
- Cando se transfiran datos persoais a un terceiro país ou a unha organización internacional, coñecer as garantías axeitadas nas que se realizan as transferencias.
Aínda que neste documento se intenta dar resposta a toda esa información dun xeito claro e accesible, calquera aclaración ou ampliación de información pode solicitarse a través do correo electrónico: asociacion@aedeza.com.
Dereito de rectificación: solicitar a rectificación dos datos persoais que sexan inexactos sen dilación indebida ou que se completen os datos. A solicitude debe indicar a que datos se refire e a corrección que hai que realizar, xustificando no seu caso a inexactitude ou o carácter incompleto dos mesmos.
Dereito de oposición: o titular dos datos persoais pode opoñerse a que AEDEZA realice un tratamento sobre eles, cando estea baseado nunha misión de interese público ou no interese lexítimo, ou teña como finalidade a mercadotecnia directa, incluída tamén a elaboración de perfís.
En calquera momento, o interesado ten dereito a retirar o consentimento outorgado, sen que isto afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
Dereito de supresión: solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
- Xa non son necesarios en relación cos fins para os que foron recollidos ou tratados doutro modo.
- Se o tratamento se baseou no consentimento e este se revoca, sempre que o citado tratamento non se basee noutra causa que o lexitime.
- Se se exerceu o dereito de oposición.
- Se os datos persoais foron tratados ilicitamente.
- Se os datos persoais se deben suprimir para o cumprimento dunha obriga legal establecida no Dereito da Unión ou dos Estados membros que se aplique ao responsable do tratamento.
- Se os datos persoais se obtiveron en relación coa oferta de servizos da sociedade da información mencionados no artigo 8, apartado 1 (condicións aplicables ao tratamento de datos dos menores en relación cos servizos da sociedade da información) do RGPD.
Dereito ao esquecemento: o dereito de supresión exposto arriba, amplíase aos eventuais supostos en que AEDEZA teña feito públicos datos persoais e, polo tanto, dará orde aos responsables do tratamento que supriman todo enlace a eles ou ás copias ou réplicas de tales datos, coas excepcións previstas legalmente.
Dereito á limitación do tratamento: o titular dos datos pode solicitar a limitación do tratamento que realiza AEDEZA cando se impugne a exactitude dos datos ou se teña exercido o dereito de oposición mentres se realizan as verificacións oportunas para
determinar se procede a impugnación ou a oposición.
Ademais, o/a interesado/a poderá solicitar a conservación dos datos cando o tratamento sexa ilícito e se opoña á supresión e solicite a limitación do seu uso ou cando AEDEZA xa non necesite os datos persoais para os fins do tratamento, pero o/a interesado/a os necesite para a formulación, ou exercicio ou a defensa de reclamacións.
Dereito á portabilidade: cando o tratamento se efectúe por medios automatizados poderase solicitar a AEDEZA a recepción dos mesmos nun formato estruturado, de uso común, de lectura mecánica e interoperable, e que poidan ser transmitidos a outro
responsable do tratamento, sempre que dito tratamento se lexitime en base ao consentimento ou no marco da execución dun contrato.
Dereito a non ser obxecto de decisións individualizadas: o titular dos datos pode solicitar non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos ou afecte
significativamente de modo similar, salvo cando o tratamento dos datos persoais se fundamente nela celebración ou execución dun contrato, ou ben no consentimento explícito do seu titular. Neste caso terá dereito a obter a intervención humana, a expresar o seu punto de vista e impugnar a decisión.
Dereito de información: cando se recaban os datos de carácter persoal, AEDEZA debe cumprir co dereito de información que establece o RGPD e en particular:
- A facilitar unha información básica e resumida nun primeiro momento e polo mesmo medio en que se recollan os datos persoais sobre os seguintes aspectos:
– A identidade do responsable do tratamento.
– Unha descrición sinxela dos fins do tratamento.
– A base xurídica do tratamento.
– Información sobre cesións ou transferencias a terceiros países.
– Referencia ao exercicio de dereitos.
– Fonte ou procedencia dos datos.
– Remitir ou publicar o resto da información, nun medio máis axeitado para a súa presentación, compresión e, se se desexa, arquivo.
- A saber:
– Datos de contacto do responsable, do representante e do delegado de protección de datos ou responsable de seguridade.
– Descrición ampliada dos fins do tratamento. Prazos ou criterios de conservación dos datos. Decisións automatizadas, perfís e lóxica aplicada.
– Detalle da base xurídica do tratamento nos casos de obriga legal, interese público ou interese lexítimo. Obriga ou non de facilitar datos e consecuencias de non facelo.
– Destinatarios ou categorías de destinatarios. Decisións de adecuación, garantías, normas corporativas vinculantes ou situacións específicas aplicables.
– Cómo exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos datos, e a limitación ou oposición ao seu tratamento. Dereito a retirar o consentimento prestado. Dereito a reclamar ante a Autoridade de Control.
Este segundo nivel de información é ao que intenta responder o presente documento, sen prexuízo de que calquera interesado poida solicitar máis información ao responsable de seguridade asociacion@aedeza.com.
Esta información facilitarase ou estará dispoñible no prazo máximo dun mes dende que se traten os datos polo responsable do tratamento, agás se se van utilizar para unha comunicación co/a interesado/a, en cuxo caso se lle enviará a información nese momento.
Dereito a reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (AGPD): ademais da posibilidade de exercer os seus dereitos ante AEDEZA, en calquera momento e especialmente no caso de que non teña obtido satisfacción por parte de AEDEZA ás súas demandas polo responsable do tratamento, pode acudir á autoridade de control competente: a Axencia Española de Protección de Datos (AGPD) a través do seu sitio web: www.agpd.es.
O exercicio dos dereitos expostos arriba é gratuíto e o prazo de resposta, que será sempre por escrito, será dun mes. Sen prexuízo disto, AEDEZA resérvase o dereito a rexeitar aquelas solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas.
A solicitude poderá exercerse a través de correo electrónico no seguinte enderezo: asociacion@aedeza.com.
AEDEZA poderá solicitar a acreditación da identidade do solicitante cando sexa necesario.