A décimo cuarta edición do concurso de tapas “Deztápate”, organizado pola Asociación de Empresari@s de Deza (AEDEZA) coa colaboración do Concello de Lalín e das empresas Distribuciones Javier Vázquez e Viños Manuel Gil, arrinca este venres e desenvolverase ata o día 31 de agosto cun total de 12 establecementos de hostalaría participantes (11 de Lalín e un de Vila de Cruces), que servirán innovadoras propostas de petiscos a un prezo de tres euros.
Os locais participantes, as súas propostas e os horarios nos que se poderán degustar son os seguintes:
- Alola (Tian Suan Ji): de mércores a sábados en horario de 19.00 a 22.00 horas.
- Bar O Polo (Fian_Chu!!!): de martes a sábados, de 20.30 a 23.00 horas.
- Cabanas Restaurante (Bocata de churrasco): martes, mércores, xoves e domingos, de 12.30 a 15.00 horas, e venres e sábados, de 12.30 a 15.00 horas e de 20.15 a 23.00 horas.
- Casa Currás da Praza da Igrexa (Croguiri): agás martes e domingos, todos os días de 20.30 a 22.30 horas.
- Casa Currás da Rúa Rosalía de Castro (Brasa Yanqui´s): agás martes e domingos, todos os días de 20.00 a 22.00 horas.
- Casa San Martín (Me lo dijo Pérez!… 50 anos): agás luns e martes, todos os días de 15.00 a 22.00 horas.
- Hotel Balneario Braños da Brea (Trío de piruletas): todos os días de 12.00 a 15.00 e de 19.00 a 22.00 horas, agás os días 22, 23, 24 e 25.
- O Café de Mili (Velaí vai!): de luns a venres, de 19.30 a 22.00 horas.
- O Chabulli de Toupiña (Da terra): de luns a venres, de 20.00 a 23.00 horas, e sábados e domingos, de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas.
- Pensión Las Palmeras (El sonido de las caracolas): de luns a xoves, de 20.30 a 23.00 horas, e venres e sábados de 20.30 a 22.30 horas.
- Restaurante La Molinera (Ave César): luns e xoves, de 13.30 a 15.00 horas, e venres sábado e domingo, de 13.30 a 15.00 horas e de 20.30 a 23.30 horas.
- Restaurante Os Arcos (Cóctel Atlántico): de martes a sábados, de 21.00 a 23.00 horas, e os domingos, de 13.00 a 15.00 horas.
Sorteo de 31 premios
Os clientes que proben todas as tapas e completen a tarxeta cos selos de todos os locais participantes entrarán no sorteo dun total de 31 agasallos cedidos por Viños Manuel Gil e Distribuciones Javier Vázquez: un xantar ou cea no Pazo de Toubes (Cenlle) para dúas persoas (premio cedido por Distribuciones Javier Vázquez a través da adega Viña Costeira); seis botellas magnum de Viña Pomal (por xentileza de Distribuciones Javier Vázquez); 12 estoxos con dúas botellas de Adega Don Bernardino, da D.O. Ribeira Sacra, Amandi (cedidos por Viños Manuel Gil); e 12 botellas magnum de Belezos, da adega Zugober (cedidas por Viños Manuel Gil).
Por outra parte, os clientes que degusten todas as tapas tamén poderán participar na elección dos establecementos gañadores do concurso, puntuando as tres mellores tapas con 3, 2 e 1 puntos. Os tres establecementos mellor valorados por estes clientes obterán os seguintes galardóns: o primeiro premio consistirá nun diploma e un ano de asociado á AEDEZA gratis; o segundo premio, diploma e seis meses da cota de asociado gratis; e o terceiro, diploma e tres meses da cota de asociado gratis.









