Ti queres un cocido de Lalín de balde?
Siiiiii... de balde.

A Asociación de Empresari@s de Deza, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín e a Sección de Hostalaría de Lalín están a desenvolver coa colaboración do Concello de Lalín e a Xunta de Galicia unha ambiciosa campaña de dinamización dos sectores do comercio e a hostalaría coa implicación de 41 establecementos comerciais e 12 restaurantes da contorna. A campaña “O comercio de Lalín convídate a un cocido”, reforzada coa emisión de anuncios publicitarios na Televisión de Galicia protagonizados polo reporteiro Quique Morales, desenvolverase entre os días 1 e 21 de novembro e consistirá en que aqueles clientes que realicen unha compra cun importe mínimo de 150 euros recibirán un vale canxeable por un cocido para unha persoa nalgún dos 12 restaurantes colaboradores (previa reserva). 

Bases da promoción

  • A campaña “O comercio de Lalín convídate a un cocido” está organizada pola Asociación de Empresari@s de Deza, o Centro Comercial Aberto de Lalín e a Comisión de Hostalaría de Lalín, contando coa colaboración do Concello de Lalín e a Xunta de Galicia.
  • A campaña terá unha duración de tres semanas, comezando o día 1 de novembro e rematando o día 21 de novembro.
  • Durante estas tres semanas, os comercios asociados que participan na campaña -aparecen referenciados máis abaixo e nos carteis promocionais- regalaranlle un folleto/vale para canxear por un cocido a aqueles clientes/as que realicen unha compra cun importe mínimo de 150 euros (esta cantidade mínima deberá alcanzarse nunha única compra, é dicir, nun só ticket).
  • Nesta campaña establécese un máximo de dous cocidos de balde por compra, é dicir, aínda que a compra supere os 450 euros non se entregarán máis de dous vales de cocido (un por cada 150 euros, cun límite máximo de 2).
  • Xunto co ticket de compra, o comerciante facilitaralle ao cliente o folleto/vale co listado dos 12 restaurantes participantes na campaña -aparecen referenciados máis abaixo e nos carteis promocionais- para que poida acudir a comer o cocido ao restaurante elixido entre a ducia de establecementos participantes. O comercio quedarase coa matriz na que apuntará o nome e apelidos e o teléfono do/a cliente/a e este deberá presentar no restaurante o resto do folleto/vale co nome do comercio e o seu selo e/ou sinatura.
  • O comerciante asume un custo de 20 euros neste cocido, de forma que se o custo habitual do cocido no restaurante elixido é superior, esa diferencia é asumida polo propio restaurante como aportación á súa participación nesta campaña.
  • Cada folleto/vale entregado por unha compra mínima de 150 euros é válido para canxear por un só cocido, de forma que se ese cliente acode a comer acompañado por outra persoa, esa persoa deberá pagar o seu cocido ao prezo habitual estipulado polo restaurante elixido.
  • A participación nesta campaña supón a aceptación destas bases, así como dos criterios que estableza a Asociación de Empresari@s de Deza para resolver cantas cuestións se deriven da mesma.
  • A Asociación de Empresari@s de Deza resérvase a capacidade e o dereito de modificalas total ou parcialmente, así como o de suspender a campaña por causas alleas á súa vontade, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
  • Para a resolución das controversias que poidan xurdir a consecuencia do desenvolvemento desta campaña, as bases sométense aos Xulgados e Tribunais da vila de Lalín.
  • A responsable do tratamento dos datos de carácter persoal é a Asociación de Empresari@s de Deza – Centro Comercial Aberto de Lalín, con NIF G36187169, e enderezo na Rúa Otero Pedrayo, 24 – baixo, en Lalín, con número de teléfono 986 78 70 91 e correo electrónico asociacion@aedeza.com. Como participantes na campaña, os/as clientes que desexen canxear os vales por un cocido deberán achegar o seu nome completo e o número de teléfono coa única finalidade de proceder ao abono do cocido por parte do comercio no que realizou as compras. Consultar a cláusula de protección de datos completa.

 

Vales de compra para descontar no comercio asociado

  • Pola súa banda, os hostaleiros colaboradores nesta campaña entregaranlle a cada comensal que acuda ao seu restaurante a comer cocido sen ter feito aínda compras no comercio local un vale de compra por un importe de 10 euros para canxear nun total de 44 comercios participantes na campaña.
  • Este vale de compra por importe de 10 euros poderá canxearse en compras superiores a 60 euros e como máximo admitiranse dous vales para unha única compra superior a 120 euros.
  • Estes vales non serán compatibles nin acumulables con outras promocións que o comercio teña vixente no seu establecemento nin coa campaña “O comercio de Lalín convídate a un cocido”.
  • Os restaurantes colaboradores poderán entregar estes vales de compra ata o mediodía do sábado 20 de novembro, posto que o domingo 21 non estarán abertos os comercios para poder canxear os vales.

41 COMERCIOS DESEXANDO CONVIDARTE A UN COCIDO 


  • Confitería París: Rúa Wenceslao Calvo Garra, 9 baixo – Lalín | 986 78 18 73
  • O Pan de Vane: Rúa B, 42 baixo Lalín | 986 79 21 41
  • Panadería Manolo da Morena: Rúa Antonia Ferrín Moreiras, 3 baixo – Lalín | 986 78 00 69
  • Panadería Serra do Candán: Rúa da Ponte, 5 baixo – Lalín | 679 297 115
  • Viños Manuel Gil: Rúa Areal, 6 baixo – Lalín | 986 78 01 67
  • Cadena 100: Praza da Torre, 2 baixo – Lalín | 986 78 05 48
  • Distribuciones Dobarro: Rúa do Castro, 52 – Lalín | 600 067 634
  • Calzados Alca: Avda. Luis González Taboada, 51 baixo – Lalín | 986 78 38 81
  • Calzados Atly: Rúa Colón, 11 baixo – Lalín | 986 78 11 56
  • Calzados López: Rúa Alcalde Ferreiro, 2 baixo – Lalín | 986 79 23 37
  • Calzados Senra: Praza da Igrexa, 3 baixo – Lalín | 986 78 04 07
  • Cris Abad: Avda. Luis González Taboada, 4 baixo – Lalín | 886 21 79 87
  • El Gato Presumido: Rúa Alcalde Ferreiro, 5 baixo – Lalín | 886 09 76 86
  • Scarpe 43: Rúa da Cacharela, 8 baixo – Lalín | 986 78 11 56
  • Vitaldent: Rúa Principal, 38 baixo – Lalín | 986 78 71 15
  • Moca: Rúa Pintor Laxeiro, 14 baixo – Lalín | 986 78 33 60
  • Intersport: Rúa Principal, 18 baixo – Lalín | 986 78 47 62
  • Varell Sport: Avda. Luis González Taboada, 23 baixo – Lalín | 986 78 37 25
  • Tien 21: Rúa Antonia Ferrín Moreiras, 27 baixo – Lalín | 886 15 45 67
  • Esther Portela Floristas: Rúa da Cacharela, 31 baixo – Lalín | 986 78 41 13
  • Estalitroque Herboristería e Saúde: Rúa Wenceslao Calvo Garra, 8 / Galerías – Lalín | 986 78 41 21
  • Colorín Colorado: Rúa Calzada, 5 baixo – Lalín | 986 18 18 12
  • Silicon Desarrollos Tecnológicos: Avda. Bos Aires, 100 baixo – Lalín | 986 78 74 80
  • Lencería Lilas: Praza da Igrexa, 5 baixo – Lalín | 986 78 04 95
  • Ve de Íntima: Avda. Luis González Taboada, 34 baixo – Lalín | 986 78 22 07
  • Ninfa: Rúa Joaquín Loriga, 27 – Lalín | 986 78 07 90
  • Librería Raíces: Rúa Penatoares, 12 baixo – Lalín | 986 78 09 05
  • Alberte Confort & Descanso: Rúa Corredoira, 29 baixo – Lalín | 986 78 39 06
  • Alberte Decoración: Rúa Enrique Vidal Abascal, 18 baixo – Lalín | 986 78 39 06
  • C&C Young Trend: Rúa Calzada, 4 baixo – Lalín | 986 78 13 77
  • Exclusive: Praza da Igrexa, 13 – Lalín | 986 17 91 36
  • G-Básico: Rúa Principal, 4 baixo – Lalín | 986 78 49 45
  • Guerra: Rúa Pintor Laxeiro, 6 baixo – Lalín | 986 78 01 65
  • Karen: Avda. Luis González Taboada, 43 baixo – Lalín | 986 78 14 75
  • Montoto: Rúa Colón, 11 baixo – Lalín | 986 78 08 87
  • Nereida Novias: Avda. Luis González Taboada, 34 baixo – Lalín | 986 78 21 23
  • Thebes: Rúa Principal, 2 baixo – Lalín | 986 18 19 90
  • Federópticos Pereiro: Rúa da Ponte, 6 baixo – Lalín | 986 78 08 72
  • Orcellón: Rúa da Cacharela, 55 baixo – Lalín | 986 78 33 51
  • Porcelanosa Lalín: Avda. do Montserrat, 36 – Lalín | 986 78 01 84
  • Joyería López Romero: Rúa Principal, 6 baixo – Lalín | 986 78 30 70

12 RESTAURANTES PARA COMER O COCIDO DE BALDE


BAR O POLO

  • Rúa Pintor Laxeiro, 4 (Lalín)
  • 986 78 02 61

CABANAS RESTAURANTE

  • Rúa Pintor Laxeiro, 3 (Lalín)
  • 986 78 23 17

CASA ACHACÁN

  • Lugar de Achacán, 2 (Rodeiro)
  • 635 857 726

CASA CURRÁS

  • Praza da Igrexa, 2 (Lalín)
  • 986 78 12 51

CASA SANMARTÍN

  • Lugar do Corpiño, 10 – Losón (Lalín)
  • 686 544 391

EL RINCÓN DE LA MARIPOSA

  • Avda. da Estación, 8 (Lalín)
  • 608 999 089

HOTEL RESTAURANTE PONTIÑAS

  • Rúa da Ponte, 82 (Lalín)
  • 986 78 71 47

PAZO DE BENDOIRO

  • Lugar de Bendoiro – Prado (Lalín)
  • 986 79 42 89

PENSIÓN LAS PALMERAS

  • Rúa Areal, 8 – baixo (Lalín)
  • 986 78 02 22

RESTAURANTE CASA DO PATRÓN

  • Lugar de Codeseda, 1 – Doade (Lalín)
  • 986 69 22 03

RESTAURANTE LA ESTACIÓN

  • Estación de Botos, 48 – Botos (Lalín)
  • 986 78 04 55

RESTAURANTE LA MOLINERA

  • Rúa Molinera, 3 (Lalín)
  • 986 78 20 55