Skip to main content
ActualidadeCampañasComercio

O CCA de Lalín sortea na campaña de San Valentín unha viaxe de fin de semana a Madrid para dúas persoas

By 06/02/2022No Comments

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín porá en marcha o vindeiro martes e ata o día 14 de febreiro unha nova campaña de San Valentín para incentivar as compras nos comercios asociados sorteando entre os clientes unha viaxe de fin de semana a Madrid para dúas persoas.

Neste sorteo poderán participar todas aquelas persoas que realicen compras entre os días 8 e 14 de febreiro -ambos incluídos- nos establecementos afiliados ao CCA de Lalín. En cada venda, o comerciante deberá xerar unha copia do ticket de compra e cubrila por detrás cos datos de contacto do cliente/a. A partir do 15 de febreiro, técnicos da AED recollerán esas copias dos tickets en todos os comercios e realizarase un sorteo non presencial na sede da AED.

O premio, que non poderá ser cambiado, inclúe unha viaxe de ida e volta a Madrid en AVE -saída un venres desde Ourense e retorno o domingo novamente a Ourense-, dúas noites de aloxamento nun hotel -con almorzo incluído- e dúas entradas para asistir ao espectáculo do Mago Pop.

Consulta aquí as bases completas do sorteo: BASES DA CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN