
A Asociación de Empresari@s de Deza (AED) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín realizaron hoxe o quinto e último sorteo da promoción “3 en liña” do Nadal, que contribuíu a mobilizar desde o pasado día 4 de decembro preto de 90.000 euros de ingresos entre os comercios asociados, xa que o buzón da AED recibiu en total 591 tarxetas con selos das tres compras dun mínimo de 50 euros.
Este quinto sorteo realizouse na Cafetería Rosaleda e as persoas que resultaron premiadas cos vales de compra de 250 euros para canxear nos 92 comercios asociados foron Olga Villanueva, Beatriz Sánchez, Silvia Gómez, María José Iglesias, María Teresa Paz e Flora Mato. Segundo acreditan os selos das tarxetas premiadas, os comercios nos que realizaron as súas compras foron C&C Young Trend, Colorín Colorado, Cris Abad, G-Básico, It´s Man Only, It´s Only, Librería Álvarez, Moca, Strass, Varell Sport e Zapatería Martínez.