A iniciativa de creación da Asociación de Empresari@s de Deza forxouse en 1992 e consolidouse formalmente ao ano seguinte, sendo os empresarios fundadores Ángel Fernández Presas, José Vázquez Diéguez, José Blanco Fernández, Ernesto García Rilova, José Ramón González López, Florentino Cacheda López, Andrés Otero Vázquez, Natalio García Carral, Antonio Framiñán Taboada, César Sánchez González e Manuel José Montoto Rodríguez.
Ao longo dos seus 28 anos de vida a AED estivo presidida polos seguintes cinco empresarios: Ángel Fernández Presas, José Ramón González, José Luis Vila Coego, Alejandro Campos e Antonio Lamas Carral.
Na actualidade, a AED está conformada por 361 empresari@s e autónom@s, na súa maioría procedentes dos seis concellos da Comarca de Deza, que desenvolven a súa actividade en 25 subsectores, sendo as áreas de comercio, servizos e hostalaría as de maior representación.
Obxectivos xerais
Entre os obxectivos xerais da AED destacan o favorecemento de entornos idóneos para mellorar a competitividade, a xeración de oportunidades de negocio entre os socios, o fomento e o desenvolvemento do tecido empresarial na comarca e o achegamento do mundo da empresa á comunidade na que participa.
Ademais, a AED tamén exerce a representación institucional do empresariado dezano en media ducia de colectivos sectoriais e profesionais: a Confederación de Empresarios de Galicia, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Federación Galega de Comercio, a Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, a Federación Provincial de Hostalaría de Pontevedra e a Federación Galega de Transporte de Mercancías.