A décimo segunda edición da Noite Branca organizada pola Asociación de Empresari@s de Deza (AEDEZA) e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín colleitou este venres un gran éxito, tanto en número de establecementos comerciais e de hostalaría participantes como en presenza de clientes e dinamización da actividade comercial.
Desde a organización quérese trasladar un agradecemento especial a todas as persoas que colaboraron nesta edición, así como aos establecementos comerciais, hostaleiros e ás institucións colaboradoras que contribuíron a facer posible unha xornada que rematou cun excelente resultado de asistencia e cun gran ambiente nas rúas de Lalín.
Os momentos máis agardados da xornada foron, un ano máis, o sorteo dos 50 vales de compra de 100 euros, destinados a premiar a confianza dos clientes e fomentar o consumo no comercio local. Finalmente, repartíronse 45 vales de compra, resultando premiadas 34 persoas, xa que algunhas delas foron agraciadas con máis dun vale. Ademais, cinco dos premios quedaron desertos ao non ser posible contactar telefonicamente coas persoas seleccionadas e non acudir a recoller o premio dentro do prazo máximo de 30 minutos establecido nas bases da campaña.
As persoas premiadas nesta edición da Noite Branca foron: Susana Rodríguez, Beatriz Romero, Sonia Sanmartín, Marivina Paz, Daniel González, Mª Carmen Aparicio, Lilibeth J., Nuria Cangado, Mª Luz Granja, Begoña Mosquera, Brais González, Marisol Borrajo, Melania Alvarado, Manuel Orza, Miriam Hernández, Aimara Porto, María Fernández, Soraya Iglesias, Bea Martínez, María Vilar, Pablo Rivas, Laura López, Elvira Pereira, Flor Yamil, Vanesa López, José Ferradás, Raquel Cachafeiro, Beatriz Martínez, Fátima Mosteiro, Susana Aguiar, Sylvia Castro, Pilar Abeledo, Ezequiel Souza e Yolanda González.








