A Asociación de Empresari@s de Deza negocia e asina con organizacións públicas e privadas diferentes convenios e acordos de colaboración que reportan vantaxes adicionais ou melloras competitivas exclusivas tanto para os afiliados a título particular como para a propia asociación como colectivo. Ademais, os asociados tamén poden beneficiarse dos convenios xestionados con terceiras entidades por organismos aos que pertence a AED, como a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Federación Provincial de Empresarios por Carretera e a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra.

Convenios propios da Asociación de Empresari@s de Deza

  • A Nosa Botica: prevención da propagación da Covid-19 mediante a adquisición do purificador de aire Wellisair.
  • Arbitraxe Mercantil TAM.
  • Clínica Deza: prevención da propagación da Covid-19 para que as empresas asociadas e os seus traballadores poidan realizar probas de detección do coronavirus nesta clínica.
  • Equaby Prevención: servizo alleo de prevención de riscos laborais.
  • Isonor Iopdat: prestación de servizos de consultoría de protección de datos.
  • José Freire Planificación Fiscal: servizo de primeira consulta gratuíta nas áreas fiscal, financeira, societaria, etc.
  • Megatec Gallega de Tecnología: prevención da propagación da Covid-19 mediante a adquisición do sistema de purificación de aire Global Ozoner.
  • Quality Consultores: servizos de asistencia xurídica nas áreas arbitral, mercantil, medioambiental, laboral, fiscal e contable.
  • Solred: descontos sobre o prezo do surtidor nas estacións de servizo das marcas Repsol, Campsa e Petronor.
  • Viltaldent: condicións preferentes nos tratamentos que ofrecen as clínicas Vitaldent de Lalín, Ourense e Santiago de Compostela aos/as empresarios/as e traballadores/as das firmas asociadas e os seus familiares máis directos.

Convenios a través da CEP

  • Apoio á internacionalización empresarial.
  • Servizos de planificación empresarial.
  • Servizos financeiros.
  • Servizos de marketing e comunicación.

Convenios a través de Feprohos (exclusivo para asociad@s do sector hostaleiro)

  • Xestión de dereitos de autor (SGAE).
  • Servizos enerxéticos.
  • Publicidade e marketing.
  • Servizos de mantemento e sanitarios.
  • Servizos financeiros.
  • Prevención de riscos laborais.
  • Seguridade.
  • Servizos de patentes e marcas.

Convenios a través de Fepotráns

  • Redtortuga: servizos para profesionais do transporte internacional.
  • Solred: descontos sobre o prezo no surtidor das estacións de servizo Repsol.
  • Cepsa: descontos sobre o prezo no surtidor das estacións de servizo Cepsa.
  • ITV-SyC: para reserva de citas de ITV para profesionais do transporte de mercadorías por estrada de Galicia.
  • Locatel: descarga de datos do tacógrafo “Tacogest”.
  • Sintra: tacógrafo dixital.