1. Datos da entidade organizadora do concurso:

  • Nome da Entidade: Asociación de Empresarios de Deza e Centro Comercial Aberto de Lalín
  • Número de CIF da Entidade: G-36.187.169
  • Enderezo fiscal da Entidade: Rúa Otero Pedrayo, nº 24 – Baixo, 36500 – Lalín (Pontevedra)
  • Enderezo de correo electrónico da Entidade: asociacion@aedeza.com

2. Data de inicio e remate da campaña:

O período de duración da campaña será de só un día, en concreto o venres do Black Friday, 26 de novembro de 2021.

3. Mecánica da campaña e requisitos de participación:

  • Descrición de en que consiste a campaña: durante o venres do Black Friday (26 de novembro de 2021)  os comercios asociados, a aqueles clientes que lles fagan unha compra, informaranos de que, por realizar unha compra no seu establecemento, van a participar no sorteo de 10 vales de 100,00 € cada un para canxear nos comercios asociados ao CCA de Lalín. Para isto, os comercios tan só deberán xerar unha copia do tícket/nota de compra ou albarán de cada venda realizada ese día e pola parte de atrás cubrir cos datos do cliente (nome e apelidos, así como dun número de teléfono de contacto). Na semana seguinte, técnicos da asociación recollerán estes tíckets cubertos, para poder realizar o sorteo non presencial dos vales, na sede da asociación.
  • Condicións que deberán cumprir os clientes/ usuarios para poder participar: tan só será requisito que a compra se realice por unha persoa adulta e nun comercio asociado a AEDEZA-CCA de Lalín o venres do Blak Friday, 26 de novembro de 2021.

4. Data de realización do sorteo e número de gañadores:

  • Data e lugar da celebración do sorteo: o sorteo dos 10 vales de compra, por importe de 100,00€/ vale, será na semana do 29 de novembro de 2021 na sede da Asociación de Empresarios de Deza.
  • Características do sorteo:
    • Trátase dun sorteo non presencial.
    • A entidade organizadora avisará cada persoa agraciada co vale premiado, mediante unha chamada telefónica

5. O premio:

  • Sortearanse (10) dez vales de compra, por importe de 100,00€ cada vale, para canxear no comercio asociado a AEDEZA-CCA de Lalín.
  • Trátase dun premio en especie.
  • Debido a que o premio non é superior a 300,00€, a persoa gañadora non terá que tributar na declaración do IRPF dito premio.

6. Notificación aos gañadores:

  • Na semana do 29 de novembro, unha vez realizado o sorteo dos dez vales, a Entidade Organizadora contactará con cada persoa agraciada co vale.
  • A notificación aos premiados será vía telefónica.
  • A relación de persoas premiada publicarase nas redes sociais da Entidade, tamén en prensa escrita –edicións comarcais, e na radio.

7. Cesión dereitos de imaxe e/ou propiedade intelectual do gañador/es:

  • As persoas gañadoras dos vales coñecen e consenten que o seu nome completo sexa publicado pola entidade organizadora en todos aqueles perfís en redes sociais onde a entidade teña unha conta.
  • Para o caso do sorteo, a cesión dos datos identificativos, así como tamén o número de teléfono de contacto, conleva implícito o consentimento por parte do participante de que a entidade organizadora comunique publicamente o seu nome completo.

8. Prórrogas ou suspensións:

A entidade organizadora, no caso de existir causas de forza maior alleas ao seu control, resérvase o dereito de efectuar calquera cambio, suspender, acurtar ou ampliar o período de duración da campaña, comprometéndose a dar ás devanditas modificacións o grao de publicidade que resulte necesario.

Polo tanto, a entidade organizadora queda exonerada de calquera responsabilidade que puidese derivarse de calquera circunstancia imputable a terceiros que puidese afectar ao desenvolvemento da mecánica da campaña e, en especial aos Premios.

No mesmo sentido, a entidade organizadora non será, en ningún caso, responsable de calquera dano, de calquera natureza, directo, indirecto e/ou circunstancial, xa sexa inmediatos ou diferido, que puidese aparecer con ocasión ou como consecuencia de poder gozar do Premio.

9. Descualificacións e penalizacións:

Establécese a posibilidade de dar de baixa ou descualificar a usuarios que incumpran as regras da campaña ou de penalizar no caso de que algún gañador/es do/s premio/s actúe/n de maneira fraudulenta.

10. Exoneración de responsabilidade do organizador en caso de incumprimento dos participantes:

Ante o uso que o premiado poida facer co premio recibido, a entidade organizadora non se fará responsable no caso de que o gañador fixese un mal uso do premio ou incumprise co disposto nestas bases legais.

11. Protección de datos de carácter persoal:

O responsable do tratamento dos datos é a Asociación de Empresarios de Deza – Centro Comercial Aberto de Lalín, con CIF: G36187169, enderezo fiscal en R/ Otero Pedrayo, nº 24 – Baixo, en Lalín, número de teléfono: 986-787091 e correo electrónico: asociacion@aedeza.com

Durante o rexistro no concurso a persoa participante deberá achegar datos persoais cuxa única finalidade é a de contactar, chegado o caso, que foi gañador/a dun dos vales sorteados.

Os datos facilitados conservaranse o tempo estritamente necesario para o cumprimento da finalidade ou finalidades concretas que motivaron a súa recollida, ata a perda de relevancia do seu uso ou, en todo caso, ata que sexan cancelados en resposta ao exercicio, por parte do titular, dos dereitos correspondentes.

A base legal para o tratamento dos datos é o consentimento obtido do interesado, mediante a cesión dos seus datos de contacto, para poder participar no sorteo dos vales.

Os datos dos participantes comunicaranse en: Asociación de Empresarios de Deza e Centro Comercial Aberto de Lalín.

Os datos persoas premiadas serán publicados en prensa, na edición comarcal e nas redes sociais de AEDEZA e CCA de Lalín. Non se efectuará comunicación a outra entidade, salvo aquelas comunicacións que se producen por obriga ou necesidade legal. Non se producirán transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais.

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se AEDEZA – CCA de Lalín están a tratar datos persoais que lles afecten, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente estes serán conservados para o exercicio ou a defensa de reclamacións. En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. CCA de Lalín deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

O interesado ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Para obter información adicional sobre os dereitos facilitamos enlace da páxina Web da Axencia Española de Protección de Datos (https://www.agpd.es/).

Para poder obter información adicional sobre a nosa política de privacidade, facilitamos enlace da páxina Web da Asociación de Empresarios de Deza (http://www.aedeza.gal).

O interesado, para exercer o seus dereitos, pode escribir un correo electrónico a asociacion@aedeza.com no que debe identificarse achegando copia do seu DNI e indicar o dereito que desexa exercer e o motivo.

12. Contacto e reclamacións:

As persoas gañadoras poderá/n contactar coa Entidade organizadora a través do seguinte correo electrónico: asociacion@aedeza.com, para calquera dúbida ou reclamación.

13. Aceptación da bases:

Os participantes da campaña aceptarán estas bases legais polo feito de participar na campaña.

14. Foro xurisdicional e lei aplicable:

A lei aplicable será a española e o foro xurisdicional, en caso de conflito, será a dos xulgados e tribunais da vila de Lalín.

15. Outras consideracións:

Calquera situación non prevista nas mesmas poderá ser resolta segundo o criterio da Asociación de Empresarios de Deza.