1. Datos da entidade organizadora do concurso:

  • Nome da Entidade: Asociación de Empresarios de Deza e Centro Comercial Aberto de Lalín
  • Número de CIF da Entidade: G-36.187.169
  • Enderezo fiscal da Entidade: Rúa Otero Pedrayo, nº 24 – Baixo, 36500 – Lalín (Pontevedra)
  • Enderezo de correo electrónico da Entidade: asociacion@aedeza.com

2. Data de inicio e remate da campaña:

O período de duración da campaña abarca desde o 4 de decembro de 2021 até o 5 de xaneiro de 2022 e non se inclúen os días 8 e 25 de decembro de 2021, nin o 1 de xaneiro de 2022.

3. Mecánica da campaña e requisitos de participación:

  • Descrición de en que consiste a campaña: as persoas que realicen tres compras por un importe mínimo de 50 euros en comercios asociados poderán cumprimentar unha tarxeta con tres selos dos comercios onde efectuou esas compras. Unha vez que dispoñan dos tres selos deberán depositar o cartón no buzón específico que AEDeza-CCA de Lalín instalará na Avda. Luis González Taboada (entre a igrexa parroquial Nosa Señora das Dores e o número 2 da devandita avenida). Cada luns durante a campaña, técnicos da asociación recollerán as tarxetas depositadas no buzón e procederán a realizar os sorteos non presenciais na sede da asociación nese mesmo día.
  • Condicións que deberán cumprir os clientes/ usuarios para poder participar: tan só será requisito que as compras as realice unha persoa adulta e nun comercio asociado a AEDeza-CCA de Lalín desde o 4 de decembro de 2021 até o 5 de xaneiro de 2022, excluíndo os seguintes días: 8 e 25 de decembro e 1 de xaneiro.

4. Data de realización do sorteo e número de gañadores:

  • Data e lugar da celebración do sorteo: cada luns, mentres dure a campaña, realizarase na sede da entidade organizadora o sorteo de 2 vales/día, sumando en total 60 vales (30 días). As datas dos sorteos serán as seguintes:
    • 1º sorteo (luns 13 de decembro): sorteo dos cartóns depositados no buzón os días 4, 5, 6, 7, 9, 10, 11 e 12 de decembro.
    • 2º sorteo (luns 20 de decembro): sorteo dos cartóns depositados no buzón os días 13, 14, 15, 16, 17, 18 e 19 de decembro.
    • 3º sorteo (luns 27 de decembro): sorteo dos cartóns depositados no buzón os días 20, 21, 22, 23, 24 e 26 de decembro.
    • 4º sorteo (luns 3 de xaneiro): sorteo dos cartóns depositados no buzón os días 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 2 de xaneiro.
    • 5º sorteo (luns 10 de xaneiro): sorteo dos cartóns depositados no buzón os días 3, 4 e 5 de xaneiro.
  • Características do sorteo:
    • Trátase dun sorteo non presencial.
    • A entidade organizadora avisará cada persoa agraciada co vale premiado, mediante unha chamada telefónica

5. O premio:

  • Sortearanse 60 vales de compra, por importe de 250 € cada vale, para canxear no comercio asociado a AEDEZA-CCA de Lalín.
  • Trátase dun premio en especie.
  • Debido a que o premio non é superior a 300,00€, a persoa gañadora non terá que tributar na declaración do IRPF dito premio.
  • As persoas premiadas, para poder recoller o premio, deberán presentar o documento nacional de identidade, así como os tickets de compra correspondentes ás tres compras dun mínimo de 50 euros, como un mero trámite de comprobación.

6. Notificación aos gañadores:

  • O mesmo día do sorteo, unha vez realizados os sorteos dos vales, a Entidade Organizadora contactará con cada persoa agraciada co vale.
  • A notificación aos premiados será vía telefónica.
  • A relación de persoas premiada publicarase nas redes sociais da Entidade, tamén en prensa escrita -edicións comarcais- e na radio.

7. Cesión dereitos de imaxe e/ou propiedade intelectual do gañador/es:

  • As persoas gañadoras dos vales coñecen e consenten que o seu nome completo sexa publicado pola entidade organizadora en todos aqueles perfís en redes sociais onde a entidade teña unha conta.
  • Para o caso do sorteo, a cesión dos datos identificativos, así como tamén o número de teléfono de contacto, conleva implícito o consentimento por parte do participante de que a entidade organizadora comunique publicamente o seu nome completo.

8. Prórrogas ou suspensións:

A entidade organizadora, no caso de existir causas de forza maior alleas ao seu control, resérvase o dereito de efectuar calquera cambio, suspender, acurtar ou ampliar o período de duración da campaña, comprometéndose a dar ás devanditas modificacións o grao de publicidade que resulte necesario.

Polo tanto, a entidade organizadora queda exonerada de calquera responsabilidade que puidese derivarse de calquera circunstancia imputable a terceiros que puidese afectar ao desenvolvemento da mecánica da campaña e, en especial aos Premios.

No mesmo sentido, a entidade organizadora non será, en ningún caso, responsable de calquera dano, de calquera natureza, directo, indirecto e/ou circunstancial, xa sexa inmediatos ou diferido, que puidese aparecer con ocasión ou como consecuencia de poder gozar do Premio.

9. Descualificacións e penalizacións:

Establécese a posibilidade de dar de baixa ou descualificar a usuarios que incumpran as regras da campaña ou de penalizar no caso de que algún gañador/es do/s premio/s actúe/n de maneira fraudulenta.

10. Exoneración de responsabilidade do organizador en caso de incumprimento dos participantes:

Ante o uso que o premiado poida facer co premio recibido, a entidade organizadora non se fará responsable no caso de que o gañador fixese un mal uso do premio ou incumprise co disposto nestas bases legais.

11. Protección de datos de carácter persoal:

O responsable do tratamento dos datos é a Asociación de Empresarios de Deza – Centro Comercial Aberto de Lalín, con CIF: G36187169, enderezo fiscal en R/ Otero Pedrayo, nº 24 – Baixo, en Lalín, número de teléfono: 986-787091 e correo electrónico: asociacion@aedeza.com

Durante o rexistro no concurso a persoa participante deberá achegar datos persoais cuxa única finalidade é a de contactar, chegado o caso, que foi gañador/a dun dos vales sorteados.

Os datos facilitados conservaranse o tempo estritamente necesario para o cumprimento da finalidade ou finalidades concretas que motivaron a súa recollida, ata a perda de relevancia do seu uso ou, en todo caso, ata que sexan cancelados en resposta ao exercicio, por parte do titular, dos dereitos correspondentes.

A base legal para o tratamento dos datos é o consentimento obtido do interesado, mediante a cesión dos seus datos de contacto, para poder participar no sorteo dos vales.

Os datos dos participantes comunicaranse en: Asociación de Empresarios de Deza e Centro Comercial Aberto de Lalín.

Os datos persoas premiadas serán publicados en prensa, na edición comarcal e nas redes sociais de AEDEZA e CCA de Lalín. Non se efectuará comunicación a outra entidade, salvo aquelas comunicacións que se producen por obriga ou necesidade legal. Non se producirán transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais.

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se AEDEZA – CCA de Lalín están a tratar datos persoais que lles afecten, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente estes serán conservados para o exercicio ou a defensa de reclamacións. En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos. CCA de Lalín deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.

O interesado ten dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Para obter información adicional sobre os dereitos facilitamos enlace da páxina Web da Axencia Española de Protección de Datos (https://www.agpd.es/).

Para poder obter información adicional sobre a nosa política de privacidade, facilitamos enlace da páxina Web da Asociación de Empresarios de Deza (http://www.aedeza.gal).

O interesado, para exercer o seus dereitos, pode escribir un correo electrónico a asociacion@aedeza.com no que debe identificarse achegando copia do seu DNI e indicar o dereito que desexa exercer e o motivo.

12. Contacto e reclamacións:

As persoas gañadoras poderá/n contactar coa entidade organizadora a través do seguinte correo electrónico: asociacion@aedeza.com, para calquera dúbida ou reclamación.

13. Aceptación da bases:

Os participantes da campaña aceptarán estas bases legais polo feito de participar na campaña.

14. Foro xurisdicional e lei aplicable:

A lei aplicable será a española e o foro xurisdicional, en caso de conflito, será a dos xulgados e tribunais da vila de Lalín.

15. Outras consideracións:

Calquera situación non prevista nas mesmas poderá ser resolta segundo o criterio da Asociación de Empresarios de Deza.