A campaña de dinamización comercial de San Valentín, na que desde a Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto (CCA) de Lalín sorteamos unha viaxe a Madrid e dúas entradas para asistir ao musical “Mamma Mía”, xa ten gañadora: Andrea Dabouza Fernández. O seu ticket por unha compra realizada no comercio It´s Man Only & Sons foi o elixido ao azar no sorteo realizado hoxe na sede da asociación, no que contamos como man inocente con Eva María Malvar, alumna do curso “Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais” que se está a impartir na asociación.
Comparte esta nova








