A Asociación de Empresari@s de Deza (AEDEZA) terá aberto ata o luns 16 de xuño o prazo de inscrición para participar nun curso teórico-práctico de capacitación para o manexo e uso seguro de plataformas elevadoras de persoal (PEMP) de tipo 3A e 3B.
Trátase dunha formación bonificable e homologada segundo a norma UNE 58923, que terá unha duración total de 12 horas e que impartirse na modalidade mixta: a teoría será on line e as clases prácticas serán presenciais.
O prazo habilitado para realizar a formación teórica on line, en horario de conexión libre, comprende desde o 20 ata o 27 de xuño ás 8.00 horas, mentres que as prácticas presenciais celebraranse o sábado 28 de xuño, en horario de 9.00 a 13.00 horas, no Polígono Industrial Lalín 2000.
As persoas interesadas en inscribirse deben facelo enviando os seus datos ao correo electrónico asociacion@aedeza.com ou chamando ao teléfono 986 78 70 91.








