A Asociación de Empresari@s de Deza (AEDEZA) imparte desde hoxe un curso on line sobre identificación de alérxenos e manipulación de alimentos para os sectores da hostalaría e a restauración. Esta formación poderá realizarse ata o día 30 de setembro, a través da plataforma de teleformación da asociación, en horario de acceso libre, as 24 horas do día e os sete días da semana.
As persoas interesadas en inscribirse deben enviar os seus datos (nome e apelidos, DNI, teléfono, correo electrónico e data de nacemento) ao enderezo electrónico asociacion@aedeza.com. E para conseguir a acreditación de 10 horas de formación, deberán visualizar os contidos on line do curso e realizar os exames tipo test existentes na propia plataforma.
Este curso é de inscrición gratuíta para as empresas asociadas á AEDEZA e os seus traballadores/as.








