O presidente da Asociación de Empresari@s de Deza, David Campos, valorou hoxe como “unha gran nova” a aprobación por parte do Goberno central das bonificacións anunciadas na peaxe da autoestrada AP-53 para os usuarios recurrentes.
David Campos precisou que esta medida “é un gran avance que o empresariado dezano en particular e de toda Galicia en xeral levaba reclamando moitos anos para poder competir en igualdade de condicións e para favorecer o reequilibrio territorial da Galicia interior”.
Tras a entrada en vigor das bonificacións aprobadas hoxe, o presidente da AEDEZA animou a todos os colectivos que sempre apoiaron as reivindiacións da AEDEZA respecto da rebaixa da peaxe a “seguir loitando pola gratuidade total”. “O obxectivo non pode ser outro que equiparar o treito Lalín-Santiago co treito Lalín-Ourense”, apuntou.