Skip to main content
Actualidade

A AED valida a candidatura de David Campos, que pasa oficialmente a presidir a asociación

By 14/06/2022Xuño 17th, 2022No Comments

A xunta directiva saínte da Asociación de Empresari@s de Deza (AED) avaliou na noite de onte o informe da secretaria que validaba a candidatura presentada en tempo e forma por David Campos, polo que pasou a quedar oficialmente proclamado presidente da asociación sen necesidade de votación ao non haber máis candidaturas.

Esta tarde celebrouse a primeira reunión de traballo informal da nova xunta directiva, conformada por Jaime Tomás Pereira Gil (Dreams Factory Advertising & Design Company e Aerocámaras), como vicepresidente; Lucía Nercellas Torres (Avipor Silleda), como secretaria; Manuel Salgueiro González (Arlit Diseño e Impresión), como tesoureiro; e como vogais Beatriz Canda Rodríguez (Almacenes Canda), Meritxell Silva García (Abril Trending), Sandra Vilar Frade (El Vestidor de Chloé), Jéssica González Iglesias (Trendy Store), Javier González Luaces (O Asuvío), Alba Varela Diéguez (Casa Achacán) e Carlota Iglesias Vázquez (Restaurante Cabanas). Como suplentes figuran Susana Aguiar Carral (Kalekói), Óscar Míguez Castro (Maxideza) e Adolfo Meijide Otero (Autocares Meijide).