Skip to main content
ActualidadeFormación

A AED organiza desde este sábado un curso CAP de formación continua para condutores profesionais

By 19/01/2022No Comments

A Asociación de Empresari@s de Deza ten aberto o prazo de inscrición para matricularse nun novo curso de Certificado de Aptitude Profesional (CAP) de formación continua para condutores profesionais, que terá unha duración de 35 horas e que se impartirá na sede da AED desde este sábado ata o día 5 de febreiro, en xornadas de sábado e domingo, de 7.30 a 15.00 horas.

Desde a AED lémbrase que esta formación é de renovación obrigatoria para os condutores profesionais cada cinco anos, polo que aqueles que cursaran o CAP en 2017 deben renovalo neste 2022. Ademais, este curso pode realizarse con ata 12 meses de antelación respecto á data de caducidade da tarxeta sen perder a antigüidade. É dicir, se por exemplo a tarxeta caduca o 20 de xuño de 2022 pero un condutor supera o curso o 5 de febreiro de 2022, a nova data de caducidade computarase igualmente a partir do 20 de xuño de 2022.

Este curso, que é válido para condutores profesionais que traballen tanto en transporte de viaxeiros como de mercadorías, é bonificable a través das cotas da Seguridade Social. O número de prazas é limitado, polo que prégase que as persoas interesadas contacten o antes posible coa AED acudindo ás oficinas da rúa Otero Pedrayo, 24 (Lalín), chamando ao teléfono 986 78 70 91 ou enviando un correo electrónico ao enderezo asociacion@aedeza.com.