
O presidente da Asociación de Empresarios de Deza (AED), Antonio Lamas Carral, e o xerente de Clínica Deza, Francisco Javier Vázquez Romero, veñen de asinar un convenio de colaboración en virtude do cal as empresas afiliadas á AED e os seus traballadores gozarán de descontos exclusivos para a realización de probas de detección da Covid-19.
Segundo o acordo asinado, os prezos exclusivos para os asociados da AED son de 25 euros pola realización de test de antíxenos e de 100 euros pola realización de probas PCR.
Antonio Lamas agradeceu a predisposición de Clínica Deza a colaborar coa AED coa finalidade de que, “sen ter que saír de Lalín, as empresas asociadas dispoñan dunha clínica de referencia onde realizar de forma inmediata probas de detección da Covid-19 para realizar o seu traballo coa debida seguridade e garantías sanitarias”.