Skip to main content
ActualidadeConvenios

A AED convenia coa clínica Vitaldent condicións preferentes para @s asociad@s e familiares

By 22/04/2021Outubro 11th, 2021One Comment

O presidente da Asociación de Empresarios de Deza (AED), Antonio Lamas Carral, asinou hoxe un convenio de colaboración con Vitaldent polo que os/as empresarios/as e traballadores/as das firmas asociadas e os seus familiares directos poderán beneficiarse de condicións preferentes nos tratamentos odontolóxicos que ofrecen as clínicas Vitaldent de Lalín, Ourense e Santiago de Compostela.

Segundo o acordo suscrito, Vitaldent comprométese a realizar unha primeira consulta gratuíta, incluida unha ortopantomografía de diagnóstico -cun custo aproximado de 120 euros, así como un desconto do 15% en todos os tratamentos realizados nestas clínicas, ademais de facilitar o asesoramento necesario para poder obter financiamento ata 12 meses e ata 5 anos.

O convenio tamén establece que todos os/as empresarios/as e traballadores/as das firmas asociadas e os seus familiares terán dereito ás prestacións gratuítas de Vitaldent e, no caso dos familiares de ata 9 anos de idade, gozarán do servizo gratuíto de odontopediatría preventiva, consistente en técnicas de cepillado, topificacións de flúor, seladores de dentes temporais e extracción de dentes temporais. Como “benvida a este convenio”, Vitaldent ofertará tamén a cada asociado/a un tratamento gratuíto de blanqueamento dental.

One Comment

  • Букмекерская контора 1xBet является одной из самых известных на рынке. 1xbet зеркало сегодня прямо сейчас Большой выбор спортивных и киберспортивных событий, множество открытых линий, самые высокие коэффициенты. Также, БК имеет обширный функционал и немногие дает возможность совершать ставки по уникальным промокодам. Используя промокоды, вы можете получить настоящие деньги, не внося абсолютно никаких средств. Это реально! Узнать актуальный промокод вы можете прямо сейчас, однако использовать его необходимо в соответствии с правилами и инструкциями, которые приведены ниже.

Leave a Reply