O XIV concurso de tapas “Deztápate” arrinca este venres con petiscos a 3 euros en 12 establecementos
A décimo cuarta edición do concurso de tapas “Deztápate”, organizado pola Asociación de Empresari@s de Deza (AEDEZA) coa colaboración do Concello de Lalín e das empresas Distribuciones Javier Vázquez e Viños Manuel Gil, arrinca este venres e desenvolverase ata o día 31 de agosto cun total de 12 establecementos de hostalaría participantes (11 de Lalín…


