A campaña de Nadal rematou cun multitudinario sorteo no que Vanesa Taboada gañou o premio de 1.000 €
A Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto de Lalín pecharon na noite de onte a campaña de Nadal cun exitoso e multitudinario sorteo presencial que congregou na Praza da Vila a centos de persoas, a pesar das adversidades meteorolóxicas. A fortuna quixo que Vanesa Taboada Santín resultase agraciada co premio de…